Smile! You’re at the best WordPress.com site ever

3ª Xornada de Portas Abertas no xacemento paleolítico d’O Cabrón (Arbo)

 

A Sección Arqueolóxica do Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Arbo desenvolverán este sábado 4 de agosto unha nova xornada de divulgación do xacemento paleolítico localizado no paraxe O Cabrón. A mesma terá lugar ás 18 horas e consistirá nunha visita guiada pola Estación a cargo do equipo que está a traballar na zona dirixido por Eduardo Méndez. Como parte da actividade terá lugar unha talla demostrativa dos materias líticos, que amosarán ao público asistente as técnicas cos que foron traballados os distintos aparellos atopados. Finalmente, Eduardo Méndez, director dos traballos de campo na Estación, falará cos visitantes sobre as características deste achado, único polas súas dimensións e estado, que xa permiten recuar a estimación da presenza de homínidos en Galicia a máis de 300 mil anos de antigüidade.
Seguinte >
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s